O Executivo de Paula Alvarellos impulsa unha nova edición dos programas de prevención de adiccións para a mocidade e as familias no curso 2024/2025

A Área de Xuventude de Lugo ofrece talleres específicos para primaria e secundaria, enfocados en adiccións con e sen substancias, habilidades sociais e educación en valores.

As actividades abordan temas coma o consumo de cannabis, o uso das novas tecnoloxías e unga formación en seguridade vial, dirixida á mocidade de 16 anos en adiante.

"Queremos ofrecer unha educación preventiva integral, adaptada ás distintas idades e necesidades, para que os máis novos teñan información veraz e desenvolvan habilidades que lles permitan tomar decisións responsables", indicou o edil Jorge Bustos.

Mércores, 30 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos impulsa unha nova edición dos programas de prevención de adiccións para a mocidade e as familias no curso 2024/2025

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Xuventude dirixida por Jorge Bustos, lanza unha nova edición dos talleres de prevención de adiccións, que estarán dispoñibles ao longo do curso 2024/2025 en centros escolares e para familias. Estes programas, organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, buscan non só informar, senón tamén dotar á mocidade e ás súas familias das ferramentas necesarias para afrontar os retos asociados ás adiccións e ás influencias sociais.

"Queremos ofrecer unha formación preventiva integral, adaptada ás distintas idades e necesidades, para que os máis novos teñan información veraz e desenvolvan habilidades que lles permitan tomar decisións responsables", indicou o edil de Xuventude, Jorge Bustos. Entre os talleres dispoñibles destacan “Desconecta”, para alumnado de primaria, e “Unplugged”, dirixido á adolescencia, ambos con enfoques dinámicos e metodoloxías baseadas na evidencia para retrasar a idade de inicio no consumo e fomentar estilos de vida saudables.

Un dos puntos destacados deste programa é o obradoiro monográfico sobre cannabis, vapeo e outras formas de consumo de tabaco, pensado para que o alumnado de secundaria coñeza a realidade destas substancias e a súa evolución como novas formas de consumo adictivo. A través deste taller, os participantes aprenderán a identificar os mitos asociados ao consumo de vapeadores e os perigos que estas prácticas poden xerar, desmontando crenzas e promovendo hábitos saudables.

Para o alumnado de maior idade, como os estudantes de Formación Profesional Básica e secundaria, desenvolverase o obradoiro “Dobre Check”, centrado en habilidades sociais e comunicación efectiva. "É fundamental adaptar cada programa ao contexto dos adolescentes, reforzando a súa capacidade para recoñecer e xestionar situacións de presión social", engadiu Bustos.

As actividades incluirán tamén unha sesión sobre adiccións e educación vial, dirixida á mocidade a partir dos 16 anos, onde se abordarán temas coma os perigos asociados ao consumo e á condución, coa colaboración da Policía Local. Ademais, as familias contarán cun programa de charlas específicas para mellorar a súa capacidade de acompañar aos seus fillos e fillas na prevención das adiccións. "A prevención debe comezar no fogar, e desde o Goberno local queremos proporcionar os recursos para que as familias teñan un papel activo neste proceso," destacou Jorge Bustos, concluíndo que "a aposta do Executivo de Paula Alvarellos reforza a importancia de dotar á sociedade de ferramentas preventivas para un futuro máis saudable."

Solicitudes e Información

As solicitudes para os talleres no ámbito escolar deben realizarse antes do 30 de novembro, enviando un correo a francisco.eiros@lugo.gal ou chamando ao 982 297498, indicando o nome do centro, grupos, días e horas, así como o número de participantes e a persoa responsable. Terase en conta a orde de solicitude sempre que sexa posible.

Pola súa parte, as charlas para familias, dirixidas a pais e nais de alumnado de todas as idades, pódense solicitar a través do correo lidia.platas@lugo.gal ou chamando ao 982 297837. Para un apoio continuado, o Goberno local ofrece tamén un servizo de asesoramento para as familias, accesible no correo prevencionfamilias@lugo.gal.

Máis info

Multimedia

  • O Executivo de Paula Alvarellos impulsa unha nova edición dos programas de prevención de adiccións para a mocidade e as familias no curso 2024/2025
  • O Executivo de Paula Alvarellos impulsa unha nova edición dos programas de prevención de adiccións para a mocidade e as familias no curso 2024/2025

Noticias relacionadas