Recursos Internos lamenta a falta de colaboración amosada por parte da Xunta de persoal e do Comité de empresa e cualifica a súa conducta como “desleal”

“Por parte do Goberno local estánse a desenvolver os traballos conforme a folla de ruta pactada nas xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación. Non se entende que agora se pretenda deixar de lado o acordado”, señalou Permuy.

“Respectamos a legitimidade dos traballadores e traballadoras a reivindicar os seus dereitos laborais pero consideramos que o camiño emprendido polas Organizacións Sindicais non é o maís axeitado para acadar avances nesta materia”, indicou o edil.

Xoves, 11 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Recursos Internos lamenta a falta de colaboración amosada por parte da Xunta de persoal e do Comité de empresa e cualifica a súa conducta como “desleal”

O concelleiro responsable de área de Recursos Internos, Pablo Permuy, lamentou esta mañá a falta de colaboración amosada por parte da Xunta de persoal e do Comité de empresa e afeou a conducta desleal evidenciada ao desmarcarse do acorodo alcalzado que fixaba como prioridade sacar as ofertas de emprego público definidas e, unha vez realizado este traballo e alcalzada unha foto fixa da distribución dos recurso humanos, abordar a modificación da Relación de Postos de Traballo. Así mesmo, o edil defendeu os labores dos traballadores que desenvolven as súas competencias na área de Persoal e aclarou que o Goberno local está a cumprir escrupulosamente os acordos definidos nas mesas de negociación.

“Por parte do Goberno local estánse a desenvolver os traballos conforme a folla de ruta pactada nas xuntanzas da mesa xeral de negociación. Non se entende que agora se pretenda deixar de lado o falado nas Mesas de Negociación. Do mesmo xeito, é inexplicable que se pretenda esquecer o traballo que se está a desenvolver e se critique a non posta en marcha da negociación respecto doutros temas cando non foi o pactado. O acordo recolle, e así figura nas actas pertinentes, que, unha vez rematado o proceso de convocatoria de todos os procesos de OPEs pendentes, se iniciaría o estudo das modificacións da RPT e se establecería un orde no resto de temas a negociar. Agora parece que o pactado, de xeito unilateral, quérese deixar sen efecto”, proseguíu Permuy.

Así mesmo, o concelleiro destacou que desde a área que dirixe nunca se aludiu a motivacións económicas para xustificar as decisións tomadas, agás cando se falou da implantación da carreira profesional, polo importe total que suporía e que esixiría doutras actuacións para a súa financiación. “Respectamos a legitimidade dos traballadores e traballadoras a reivindicar os seus dereitos laborais pero consideramos que o camiño emprendido polas Organizacións Sindicais non é o maís axeitado para acadar avances nesta materia. Pola nosa parte, manteranse os compromisos acadados na Mesa Xeral de Negociación, do mesmo xeito que deberían de facer todas as partes involucradas”, indicou o edil. Por último, Pablo Permuy, quen asegurou que estas críticas carecen de fundamento, relatou os avances máis destacables acadados nesta mataria onde se incluen pormenorizadamente o estado de todas as prazas incluidas nas ofertas de emprego público desde 2021. Información que, así mesmo, foi remitida a todas e todos os traballadores municipais.

Audio

  • O concelleiro de Recursos Internos, Pablo Permuy, sobre o persoal | Descargar mp3

Noticias relacionadas