Previa ao San Froilán, unha quedada de motos

Celebrarase o domingo, 30 de setembro, a partir das 11:00 horas. Contempla unha ruta, un percorrido turístico ao redor da Muralla, unha ofrenda floral en homenaxe aos moteiros de Lugo e un xantar de confraternidade

Mércores, 19 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Previa ao San Froilán, unha quedada de motos

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a I Quedada Motorista San Froilán, xunto a dous dos organizadores desta cita. Celebrarase o domingo, 30 de setembro, en homenaxe a todos os moteiros lugueses, dende López Mella, os irmáns Minuto ou Iván Torres, e tamén aos que a día de hoxe levan o nome de Lugo ao máis alto, como Jorge Prado.

No acto, Basadre agradeceu a iniciativa, que quenta motores para as festas ao tempo que lembra a persoas importantes nesta cidade para o deporte, e máis concretamente para o motociclismo.

Pola súa banda, Rocha, que agradeceu a colaboración do Concello, adiantou as actividades desta primeira quedada, que arrincará ás 11:00 horas, na Praza de Augas Férreas. Contempla unha ruta en moto, un percorrido turístico ao redor da Muralla, unha ofrenda floral e un xantar de confraternidadade, con música en directo, na zona da Milagrosa. Para participar é preciso comprar os tickets de xeito anticipado, ao prezo de 20 euros, en todos os locais que aparecen no cartel do evento. 

Audio

Multimedia

  • Previa ao San Froilán, unha quedada de motos

Noticias relacionadas