Lara Méndez e Carmen Basadre visitaron estas actividades realizadas pola Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira
Venres, 07 de outubro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este venres na Praza Maior a exhibición de fiandeiras, cantareiras e gaiteiros realizada pola Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira dentro das festas do San Froilán.