A Praza Horta do Seminario vibrará este sábado cunha sesión de música electrónica e hip-hop e a actuación de Joni Ramos, participante de Got Talent

Arrincará ás 18:00 horas, e ata as 22:00 horas as e os asistentes gozarán con xéneros como ukgarage, bassline e hip-hop. A partir das 22:00 horas, o viveirense Joni Ramos emocionará a Lugo

Carmen Basadre anunciou a programación lúdica da Praza do Castiñeiro, que comezará o vindeiro martes, 17 de xullo e ata o 5 de setembro, martes, mércores e venres, de 12:00 a 13:30 horas. Haberá manualidades e retos científicos

Mércores, 11 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Horta do Seminario vibrará este sábado cunha sesión de música electrónica e hip-hop e a actuación de Joni Ramos, participante de Got Talent

A Praza Horta do Seminario vibrará este sábado cunha sesión de música electrónica e hip-hop e a actuación de Joni Ramos, participante do programa Got Talent. Así o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen convidou á mocidade a asistir a esta nova actividade, enmarcada dentro do programa +Xtí, de prevención de consumo de drogas, que proporciona unha alternativa de lecer diferente ás mozas e mozos. Arrincará ás 18:00 horas, e ata as 22:00 horas as e os asistentes gozarán con xéneros como ukgarage, bassline e hip-hop. A partir das 22:00 horas, o viveirense Joni Ramos emocionará a Lugo, do mesmo xeito que emocionou ao xurado e a audiencia do recoñecido programa.

Carmen Basadre tamén aproveitou para dar a coñecer a programación lúdica da Praza do Castiñeiro, que comezará o vindeiro martes, 17 de xullo. Trátase de actividades gratuítas, enmarcadas tamén na iniciativa +Xtí, para a mocidade de 12 a 16 anos, que terán lugar en xornada de mañá, de 12:00 a 13:30 horas, ata o 5 de setembro. O Concello ofrece dúas alternativas, manualidades creativas, os martes e venres, e retos científicos, todos os mércores; agás o 25 de xullo e o 15 de agosto. Entre as actividades de manualidades destacan a creación de alfombras de pompóns, ollos de boi, foguetes voadores, soportes para os móbiles, abalorios de papel, mosaicos, pompas, pinzas con sorpresas, scarapbooking, botellas, marca páxinas ou catapultas. No que se refire aos retos científicos: fases lunares, reaccións químicas ou neve artificial.

Audios

  • Carmen Basadre, sobre a sesión de música | Descargar mp3
  • Carmen Basadre, sobre a programación do Castiñeiro | Descargar mp3

Noticias relacionadas