A praza do Campo Castelo acolle este venres un novo noiteo Localmente Lucense coa actuación do mago David Méndez

A actividade enmárcase no Plan de dinamización de barrios posto en marcha pola alcaldesa para fomentar as compras e o consumo nos establecementos da cidade.

Lara Méndez: “Os tardeos e noiteos serven, así mesmo, para fomentar as relacións interxeracionais entre a veciñanza e a socialización”.

Toda a programación, que se desenvolve desde a concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, pode consultarse en: https://localmentelucense.gal/.

Venres, 08 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A praza do Campo Castelo acolle este venres un novo noiteo Localmente Lucense coa actuación do mago David Méndez

A praza do Campo Castelo acollerá este venres un novo noiteo enmarcado no movemento Localmente Lucense, posto en marcha pola rexedora Lara Méndez para fomentar as compras e o consumo nos establecementos e comercios de proximidade da cidade. A cita terá lugar de 21:00 a 23:00 horas e contará coa actuación do mago David Méndez.

A alcaldesa lembrou que “estas actividades serven, así mesmo, para fomentar as relacións interxeracionais entre a veciñanza e a socialización, dous aspectos que cobraron se cabe máis importancia tralas restricións que ocasionou a pandemia”.

Os noiteos e os tardeos, que se celebrarán durante a tempada de verán, nas diferentes prazas de Lugo –estes últimos en horario de 17:00 a 20:00 horas– forman parte do Plan de dinamización de barrios do executivo municipal.

O outro piar no que se asenta Localmente Lucense é o Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, a través do que se están a organizar diferentes actividades destinadas ao tecido emprendedor da cidade como almorzos de negocios, charlas de alto impacto, ou xornadas formativas.

Toda a programación, xunto con información puntual de actividades, que se desenvolve desde a concellería de Desenvolvemento Local e Emprego pódese consultar a través da seguinte ligazón: https://localmentelucense.gal/

Programación de noiteos para o mes de xullo, de 21:00 a 23:00 horas

VENRES 8

  • Pr. Do Campo Castelo
  • Actuación do mago David Méndez

LUNS 11

  • Rúa Divina Pastora
  • Actuación musical con Wicked World

MÉRCORES 13

  • Fonte dos Ranchos
  • Actuación musical con Xeosmina

VENRES 15

  • Recatelo con Rúa Díaz Pardo
  • Actuación musical con Sonâmbulum

SÁBADO 16

  • Pr. do Campo
  • Actuación musical con Rut León y Familia

LUNS 18

  • Rúa Divina Pastora
  • Mago Lolo

MÉRCORES 20

  • Pr. da Soidade
  • “Penso, Lugo desisto”, monólogo de Lois Pérez

VENRES 22

  • Rúa Divina Pastora
  • Actuación musical con Jorobados del Miño

SÁBADO 23

  • Ponte Romana
  • Actuación musical con The Old Project

MÉRCORES 27

  • Pr. Augas Férreas
  • Actuación musical con The Lioness Treasure

VENRES 29

  • Pr. do Campo
  • Actuación de charanga

SÁBADO 30

  • Rúa Divina Pastora
  • Actuación musical con César de Centi

Noticias relacionadas