Poesía para conmemorar o 17 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Xoves, 30 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Poesía para conmemorar o 17 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A Concelleira de Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu este xoves, no Vello Cárcere, á presentadión do poemario Muralla, lúa chea imperial, de Xosé Otero Canto, unha publicación que edita o Concello de Lugo. Trátase do primeiro dos actos, xunto ao concerto de Lucus Ensemble, da programación que organizou a entidade local para conmemorar o 17 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, e que se estenderán ata este domingo.

O poemario, que consta de 30 poesías con acenos á historia e á mitoloxía, transporta aos lectores nun xogo de luces e sombras dende a firmeza etenra da pedra á máis fráxil e efémera gota de chovia que estala sobre a Muralla, tal e como o describiu Xosé Luis Vázquez Somoza.

Para mañá, o Concello ten programado, a partir das 21:00 horas, un acto de de recreación do inicio da construción da Muralla de Lugo, Moenia Lucensis Civitatis, na Praza Maior, diante da Casa do Concello. A continuación, a partir das 21:30 horas, continuará o acto na Ronda da Muralla, pola zona da Mosquera e cun desfile posterior polo adarve dende o Cantiño ata a Porta de Santiago e polo recinto histórico.

O sábado, 2 de decembro, ás 20:30 horas celebrarase unha charla do profesor e historiador Javier Gómez no Auditorio do Vello Cárcere e a continuación realizarase un paseo nocturno pola Muralla. Os actos finalizarán o domingo, 3 de decembro, ás 13:00 horas coa actuación do coro de nenas e nenos da Banda Filharmónica de Lugo no patio do Vello Cárcere.

Multimedia

  • Poesía para conmemorar o 17 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas