Pilar Eyre abrirá a segunda edición das Catas Literarias do MIHL

As entradas para esta primeria cita, que terá lugar o vindeiro xoves 14 de xaneiro ás 20:00 horas, poden mercarse dende esta tarde por 5 euros en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL

Venres, 08 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Pilar Eyre abrirá a segunda edición das Catas Literarias do MIHL

Pilar Eyre abrirá a segunda edición das Catas Literarias do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o vindeiro xoves, 14 de xaneiro, ás 20:00 horas. Así o anunciou este venres a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen deu a coñecer que estas citas, que engloban literatura, gastronomía lucense e música, terán lugar o segundo xoves de cada mes ata o mes de xuño.

“Terán especial relevancia os escritores nobeles da cidade e da provincia, así como os galegos, que representan un 50% do total”, subliñou a edil, ao tempo que avanzou que as entradas para a primeira cita poden mercarse dende esta tarde por 5 euros na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e no propio MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén haberá gastronomía lucense acompañada dun viño da Ribeira Sacra. Ademais, durante todos os eventos, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes.

A primeira cata con sabor a Barcelona

Pilar Eyre naceu en Barcelona. Tras estudar Filosofía e Letras e Ciencias da Información exerceu de periodista como columnista, entrevistadora e reporteira en diferentes periódicos e revistas. É autora de numerosos libros, como Dos Borbones en la corte de Franco ou Todos los secretos de los famosos, ademais das novelas Callejón del olvido ou María la Brava. A novela La Soledad de la reina converteu a Eyre en todo un fenómeno editorial. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre as Catas Literarias do MIHL |Descargar mp3

Noticias relacionadas