O Goberno local traballa coas entidades locais para impulsar novas actividades que promovan a convivencia e o atractivo turístico de Lugo, apostando por propostas innovadoras e sostibles.
“A colaboración coas asociacións é esencial para poñer en marcha proxectos que contribúan ao dinamismo social e económico da nosa cidade”, destacou a rexedora.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, recibiron na Casa do Concello á directiva do motoclub Jabatos Bravíos. Durante o encontro, abordaron proxectos futuros relacionados co motor e outras actividades que contribúan a dinamizar a cidade.
Entre as iniciativas, destacou a organización dunha concentración motera prevista para finais de agosto de 2025, un evento que busca converterse nun referente no ámbito do motor, cun importante impacto na atracción de visitantes e na promoción de Lugo como destino cultural e deportivo.
Alvarellos agradeceu o compromiso do motoclub co desenvolvemento de actividades que unen paixón, convivencia e dinamismo, e subliñou o apoio do Goberno local a proxectos que reforcen a identidade de Lugo como cidade activa e acolledora.

