Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos recibe á directiva do motoclub Jabatos Bravíos na Casa do Concello

Paula Alvarellos recibe á directiva do motoclub Jabatos Bravíos na Casa do Concello

O Goberno local traballa coas entidades locais para impulsar novas actividades que promovan a convivencia e o atractivo turístico de Lugo, apostando por propostas innovadoras e sostibles.

“A colaboración coas asociacións é esencial para poñer en marcha proxectos que contribúan ao dinamismo social e económico da nosa cidade”, destacou a rexedora.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo
Martes, 28 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe á directiva do motoclub Jabatos Bravíos na Casa do Concello

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, recibiron na Casa do Concello á directiva do motoclub Jabatos Bravíos. Durante o encontro, abordaron proxectos futuros relacionados co motor e outras actividades que contribúan a dinamizar a cidade.

Entre as iniciativas, destacou a organización dunha concentración motera prevista para finais de agosto de 2025, un evento que busca converterse nun referente no ámbito do motor, cun importante impacto na atracción de visitantes e na promoción de Lugo como destino cultural e deportivo.

Alvarellos agradeceu o compromiso do motoclub co desenvolvemento de actividades que unen paixón, convivencia e dinamismo, e subliñou o apoio do Goberno local a proxectos que reforcen a identidade de Lugo como cidade activa e acolledora.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibe-directiva-do-motoclub-jabatos-bravios-na-casa-do-concello