Paula Alvarellos recibe ao director do Territorio Norte de Telefónica España co motivo do Centenario da compañía

Martes, 04 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe ao director do Territorio Norte de Telefónica España co motivo do Centenario da compañía

A Alcaldesa de Lugo recibiu ao director do Territorio Norte de Telefónica España, Manuel Alonso Pérez, co motivo do centenario da compañía, quen lle fixo entrega, no nome do presidente de Telefónica, José María Álvarez-Pallete, dun libro que repasa nunha coidada edición eses cen primeiros anos de historia, cos episodios máis extraordinarios de innovación e de servizo para impulsar o progreso desta compañía e, ao mesmo tempo, a conectividade das persoas. Alvarellos Fondo destacou “o importante papel xogado por esta compañía para o desenvolvemento tanto económico como social, e a súa revolución nas novas tecnoloxías da comunicación, que sen dúbida contribuirán a un futuro cheo de éxitos”.

Noticias relacionadas