Paula Alvarellos presenta o modelo de éxito de Innogando, empresa participada por Lugo Transforma, no VII Encontro Innpulso Emprende

“No seu día foi unha das primeiras empresas en formar parte do noso fondo municipal e hoxe é un orgullo afirmar que representa un exemplo a nivel internacional e constitúe un novo polo para xerar emprego a nivel local”, sinalou a alcaldesa.

Elio López, CEO da startup lucenses, puxo en valor a iniciativa de Goberno local e explicou o proceso de crecemento desde a súa chegada ao Fondo municipal: “actualmente somos un equipo formado por 25 persoas traballadoras e temos máis de 1.000 clientes en cinco países”.

O edil responsable Área de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, completou a delegación lucense que aproveitou a cita para levar a cabo un traballo de prospección  de investidores e de promoción do municipio.

 
Mércores, 08 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos presenta o modelo de éxito de Innogando, empresa participada por Lugo Transforma, no VII Encontro Innpulso Emprende

A alcaldesa Paula Alvarellos participou esta mañá en Barakaldo no VII Encontro Innpulso Emprende, promovida polo Goberno de España, onde acompañou a Elio López, CEO de Innogando, na difusión deste proxecto de éxito lucense que conta con 300.000 euros de capital municipal a través da iniciativa Lugo Transforma. Esta edición do evento, organizado pola Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación, estivo centrada na Axenda Urbana Española para a consecución dos 17 Obxectivos da Axenda 2030 e reuniu ás mellores pemes innovadoras a nivel nacional co obxectivo de crear sinerxias entre estas startups.

“Desde o Goberno local, en plena pandemia, trazamos varias liñas de axudas para os nosos sectores produtivos, pero ademais deseñamos unha estratexia de futuro para a recuperación económica creando un fondo de capital risco que dotamos con 12 millóns de euros e para o que, posteriormente, captamos outro millón de iniciativa privada. Innogando foi unha das primeiras empresas en formar parte da nosa aposta e hoxe é un orgullo como alcaldesa afirmar que representa un exemplo de éxito empresarial a nivel internacional e constitúe un novo polo para xerar emprego a nivel local”, sinalou a rexedora durante a súa intervención.

Pola súa banda, Elio López puxo en valor a iniciativa Lugo Transforma e explicou o proceso de crecemento da empresa desde a súa chegada ao Fondo municipal. “Actualmente somos un equipo formado por 25 persoas traballadoras e temos máis de 1.000 clientes en cinco países. Contamos con máis de 20.000 animais monitorizados, polo que a nosa viabilidade técnica está totalmente contrastada. Ademais, nos últimos dous anos facturamos 2 millóns de euros e a nosa previsión para este exercicio achégase aos 3 millóns. O noso obxectivo é mellorar a vida do noso gandeiros pero tamén o benestar animal”, concluíu o CEO de Innogando.

O edil responsable Área de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, completou a delegación lucense nesta cita de carácter nacional. A rexedora e o concelleiro aproveitaron a cita para levar a cabo un traballo de prospección de investidores e de promoción do municipio. Tras a presentación de Innogando, Alvarellos e Repetto mantiveron diversos encontros de traballo con responsables de distintas administracións e institucións. A rexedora cualificou a xornada como “moi produtiva”, agradeceu a implicación de Innogando nesta iniciativa e resaltou o mérito deste proxecto lucense que aúna natureza e tecnoloxía.

“Exemplifican á perfección o que pretendemos lograr con Lugo Transforma. Non hai que esquecer que as empresas participantes nesta cita selecciónanse tendo en conta o seu alto compoñente de innovación e o seu plan de crecemento. Cada startup escollida asiste a este encontro acompañada polo alcalde ou alcaldesa da súa cidade. O noso obxectivo é promocionar Lugo e a súa economía dotando ao noso tecido produtivo da visibilidade necesaria para así facilitar o seu acceso a mercados potenciais e xerar novos investidores. Algo que sen dúbida repercutirá de forma positiva na cidadanía permitindo xerar empelo e fixar poboación nova na nosa cidade”, concluíu Alvarellos.

Audio

 

Multimedia

  • Paula Alvarellos presenta o modelo de éxito de Innogando, empresa participada por Lugo Transforma, no VII Encontro Innpulso Emprende
  • Paula Alvarellos presenta o modelo de éxito de Innogando, empresa participada por Lugo Transforma, no VII Encontro Innpulso Emprende
  • Paula Alvarellos presenta o modelo de éxito de Innogando, empresa participada por Lugo Transforma, no VII Encontro Innpulso Emprende

Noticias relacionadas