A rexedora animou a toda a cidadanía a participar activamente nas celebracións para manter vivas as tradicións de Lugo.
"As asociacións son esenciais para a dinamización da nosa cidade, recollen as necesidades dos veciños e permiten que o Concello responda de forma áxil e efectiva", destacou a alcaldesa na súa intervención.

Paula Alvarellos participou hoxe na presentación das festas do barrio de Recatelo, que terán lugar o próximo 14 de setembro. Na súa intervención, Alvarellos puxo en valor o papel fundamental dos colectivos veciñais na dinamización da cidade, destacando que “os colectivos veciñais son esenciais para a dinamización da nosa cidade, recollen as necesidades dos veciños e permiten que o Concello responda de forma áxil e efectiva ás demandas da cidadanía”.
Durante o acto, no que estivo acompañada por responsables da Asociación de Veciños Parque de Rosalía-Recatelo, Alvarellos subliñou tamén a importancia de coidar as tradicións e de asegurar que estas se transmitan de xeración en xeración. "As nosas tradicións forman unha parte fundamental da identidade de Lugo como cidade, e festas como as de Recatelo son unha oportunidade única para manter vivas esas raíces," sinalou.
Para rematar, Paula Alvarellos animou a toda a cidadanía a participar nas festas, destacando que a colaboración activa de todos é clave para que estas celebracións sexan un éxito: "Invito a todos e todas a que se acheguen e disfruten destas festas, que son un reflexo do mellor de nós mesmos como sociedade."
Programación das Festas de Recatelo:
A xornada festiva comezará ás 12.30 horas cun pasarrúas que partirá dende o centro de Lugo a cargo do grupo "Bloco Meigallo", seguido dunha misa ás 12.45 horas no palco do parque. Ás 13.15 horas, Marga Rivera será a encargada de ofrecer o pregón, dando paso, ás 13.30 horas, a unha animada sesión vermú coa actuación de "Manquiña e os fabulosos weekends". Pola tarde, a diversión continuará ás 16.00 horas con xogos populares da man de "profe Alba", seguidos dunha clase de swing con "Lola Saltatore" ás 17.00 horas. Para pechar a xornada, ás 19.30 horas, os cantos de taberna do grupo "As Searas" porán o broche final ás celebracións.


