A pasarela Tanxurela e a Casa Consistorial ilumínanse de granate para conmemorar o Día Mundial do Ril

Mércores, 09 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A pasarela Tanxurela, recentemente inaugurada, iluminarase de granate con motivo do Día Mundial do Ril, unha campaña destinada a concienciar sobre a importancia dos nosos riles, para dar maior realce ás causas de Enfermidade Renal Crónica e concienciar á poboación xeral e tamén aos profesionais do manexo dunha patoloxía que pode afectar a preto do 10% da poboación

Esta iluminación terá lugar, hoxe 9 de marzo e neste caso tamén se iluminará a fachada da Casa Consistorial. 

Noticias relacionadas