Para regalos artesanais e orixinais de Reis: o ArteNadal da Praza Anxo Fernández Gómez

Esta feira de artesanía, coa que colabora o Concello para promover os produtos artesáns, poderase visitar ata este sábado, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas

Conta con 13 postos: Mis Marinillas, La Aguada, Taller del Bosk, Licores Os Maios, Neotribal, Senda Cuero, Imavi, Amigurumis Jano, Feitizo, Costura Creativa, A Feitura, Soña en Cores e O Sapo Chosco

Xoves, 03 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Para regalos artesanais e orixinais de Reis: o ArteNadal da Praza Anxo Fernández Gómez, que se poderá visitar ata este sábado, 5 de xaneiro, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Trátase da décimo sexta edición da feira de artesanía, organizada pola Asociación Artellando, coa que colabora a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua dentro da programación de Nadal, que este ano estrea montaxe, cambiando a carpa por postos. Xa é unha feira consolidada e de referencia do sector da artesanía que apoia o Concello de Lugo para promover os produtos artesáns aproveitando a época de Nadal.

Nesta edición ArteNadal conta con 13 postos, onde se pode mercar dende produtos de coiro aos de costura, pasando por bisutería, madeira, cerámica ou lana, entre outros. En concreto, os postos son os seguintes: Mis Marinillas, La Aguada, Taller del Bosk, Licores Os Maios, Neotribal, Senda Cuero, Imavi, Amigurumis Jano, Feitizo, Costura Creativa, A Feitura, Soña en Cores e O Sapo Chosco.

ArteNadal dá a oportunidade un ano máis aos profesionais da artesanía de achegar o seu traballo ao público ao tempo que lle permite á veciñanza lucense e a visitantes a descubrir novos produtos de calidade, que se converten nunha boa opción como agasallo de Nadal.

Audio

  • A concelleira Carmen Basadre, sobre o ArteNadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas