Os mozos e mozas interesados no Curso de Fotografía Nocturna poden inscribirse ata o mércores 14 na Casa da Xuventude

Luns, 12 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa que o mércores 14 de maio remata o prazo para inscribirse no Curso de Fotografía Nocturna que organiza dentro do programa de ocio alternativo +XTI.

O curso celebrarase entre os días 16 e 30 de maio de 19.30 a 21.30 e de 22 a 01.00 horas da madrugada nas que os participantes poderán experimentar e coñecer as técnicas para obter un bo resultado nas fotografías nocturnas. O curso é gratuíto e está orientado a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Para máis información e realizar as inscricións na Casa da Xuventude ou no teléfono 982. 297. 444.

Noticias relacionadas