O XXII Arde Lvcvs celebrarase do 22 ao 25 de xuño coas aspiracións postas no seu recoñecemento internacional

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comunicou onte ás Asociacións do Arde Lvcvs as datas da festa en 2023 no transcurso da VIII cea de confraternización que mantén cos colectivos.

Domingo, 13 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O XXII Arde Lvcvs celebrarase do 22 ao 25 de xuño coas aspiracións postas no seu recoñecemento internacional

O Arde Lvcvs do ano 2023 se celebrará do 22 ao 25 de xuño. Así llo comunicou onte, persoalmente, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ás asociacións que fan posible esta festa de recreación histórica. Un anuncio no que estivo acompañada polo edil de Xuventude, Mauricio Repetto e que realizou no transcurso da VIII Cena de confraternización que mantén co colectivo.

 A rexedora destacou o momento tan importante no que se atopa a cidade, xa que o Concello presentará este mesmo mes a súa candidatura para obter o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, logo de ostentar xa o Galego e o Nacional.

 Méndez puxo o foco no alcance social, turístico e económico que xeran estes festexos, “un dos motivos polo cal anunciamos as datas de maneira temperá coa finalidade de permitir que o tecido asociativo, os veciños e veciñas, así como a hostalería e o comercio local poidan prepararse e traballar con previsión, planificando eses días”.

 A alcaldesa sinalou que este ano seguiranse a potenciar novas actividades “para continuar atraendo a milleiros de persoas e convidalas a gozar cos e coas lucenses da transformación que experimenta a capital que, con fidelidade, retrocede no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico que posuímos”.

 Unha vez máis, Méndez lembrou que o que comezaba como unha festa para incentivar o sector da hostalaría do Centro Histórico, cunha duración dunha noite e enfocado principalmente á mocidade, “converteuse nunha festa cun elevado compoñente indentitario, patrimonial, cultural, lúdico e de dinamización económica que o fan único en España polo grado de implicación da cidadanía. Ese é, sen dúbida o maior dos seus éxitos”, concluíu convidando ás Asociacións do Arde Lvcus a iniciar a súa preparación.

Máis info

  • Conta atrás para o "XXII Arde Lvcvs do 22 ao 25 de xuño de 2023" | Descargar vídeo

Multimedia

  • O XXII Arde Lvcvs celebrarase do 22 ao 25 de xuño coas aspiracións postas no seu recoñecemento internacional
  • O XXII Arde Lvcvs celebrarase do 22 ao 25 de xuño coas aspiracións postas no seu recoñecemento internacional

Noticias relacionadas