O Vello Cárcere conmemora as Letras Galegas e a vida e obra de Carlos Casares

Martes, 16 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere conmemora as Letras Galegas e a vida e obra de Carlos Casares

O  Vello  Cárcere sumouse esta tarde á conmemoración do día das Letras Galegas, que este ano se lle dedican a Carlos Casares. Fíxoo cunha conferencia a cargo de Armando Requeixo, que falou da vida e obra do homenaxeado. A Concelleira de Cultura,  Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta xornada, á que seguiu unha lectura de poemas musicados.

Mañá seguirán as actividades organizadas polo Concello para celebrar o 17 de maio. Para elo ten programado un concerto da Banda Municipal de Lugo, ás 12:00 horas na Praza Maior, onde interpretarán Cantigas e Agarimos, Follas Novas, Rapsodia Galega nº 1, O Chopo, Churrusqueira, Muiñeria do Quintento e De Corredora. Unha hora máis tarde arrincará o Festival de Danza Tradicional das nenas e nenos dos colexios lugueses. Xa de tarde, a partir das 18:30 horas, nove corais e orfeóns lucenses ofrecerán un concerto na rúa Bispo Aguirre e Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe neses espazos.

As obras que interpretarán son as seguintes, Quen puidera namorala, de Álvaro Cunqueiro, Fontiña do Caravel, de Uxío Novoneyra, Os teus ollos, de Curros Enríquez, Unha noite na eira do trigo, de Otero Pedrayo, Flor Nova, de Eduardo Pondal, Negra Sombra, de Rosalía de Castro, Sobre o sol e a lúa, de Valle-Inclán, Lela, de Castelao, O Carro de Manuel María e Eu de Marín Ausenteime , de Luis Pimentel. Ao rematar terá lugar unha actuación final no Quiosco da Música da Praza.

Multimedia

  • O Vello Cárcere conmemora as Letras Galegas e a vida e obra de Carlos Casares
  • O Vello Cárcere conmemora as Letras Galegas e a vida e obra de Carlos Casares

Noticias relacionadas