O Vello Cárcere completa a mostra de Boix, fotógrafo de Mauthausen cunha visita guiada, un documental e unha mesa redonda este xoves

Ás 19:00 horas dará comezo a visita guiada. Unha hora máis tarde proxectarase Mauthausen, regreso ao campo da morte, un traballo xornalístico que recolle a volta de dous galegos ao campo de Mauthausen, onde estiveron deportados polo réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial

Ao finalizar, haberá unha mesa redonda co realizador Manuel Torrente, Mero Iglesias e Pepita Doval, prima dun dos protagonistas

Martes, 15 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere completa a mostra de Boix, fotógrafo de Mauthausen cunha visita guiada, un documental e unha mesa redonda este xoves

Como complemento da exposición Francesc Boix, fotógrafo de Mauthausen, que o Concello organiza no Vello Cárcere e que inaugurou a pasada semana, este xoves, 17 de xaneiro, haberá unha visita guiada pola mostra, así como a proxección dun documental e a celebración dunha mesa redonda.

Concretamente, ás 19:00 horas dará comezo a visita guiada. Unha hora máis tarde, ás 20:00 horas, proxectarase Mauthausen, regreso ao campo da morte, un traballo xornalístico que recolle a volta de dous galegos ao campo de Mauthausen, onde estiveron deportados polo réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial. Así, a través da narración, pódese coñecer coa súa propia voz a arrepiante experiencia de estar internado nun campo de concentración e sobrevivir. Trátase dunha producción dos servizos informativos da Televisión de Galicia con guión e dirección de Manuel López Torrente, imaxes de Alex Adonis, montaxe de Jose Pernas e producción de Xabier Trepat, protagonizada por Enrique Doval, de Lugo, e Joaquín Balboa, de Ourense.

Ao finalizar, haberá unha mesa redonda co realizador Manuel Torrente, Mero Iglesias e Pepita Doval, prima de Enrique Doval Reija. Presentará o acto a profesora María Paz Fernández e a voceira da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García-Rodeja.

Enrique Doval Reija, é un dos participantes no documental. Nacido de familia labrega  en San Vicente de Coeo, foi a Madrid traballar cun famiiar. Enrólase no exército repubicano e tivo que marchar a Francia onde estivo nun campo francés e de novo se incorpora ao exército francés. Foi detido e levado a un stalag preto de Téveris. Deportado o día 25 de xaneiro de 1941 ao campo de concentración de Mautahusen, onde pasou todo tipo de penalidades. Foi liberado o cinco de maio de 1945. Volta á súa aldea natal onde continuou sufrindo persecución. Conta a famiia que nunca perdeu o humor.  Faleceu no ano 1997.

Manuel Torrente traballa na redacción e como presentador desde 1976 en diferentes medios: director e presentador do Telexornal América e presentador do TX3. Realiza, entre outros, diferentes reportaxes: Mauthasen: Regreso ao campo da morte, Courel, as illas do interior, Mar de fondo, Ribeira Sacra, Un tesouro entre dous ríos ou  O iate do fondo do mar.

Mero Iglesias é músico, escritor e maestro. Formou parte do grupo Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 ata 1983 para despois, en 1984, xunto con Mini, formar A Quenlla. Ten escrito  numerosos libros como Na lonxitude do tempo, Recendos de luz e de sombra, No papel que mudo escoitaDoce ducias e en numerosas obras colectivas

Pepita Doval é prima carnal de Enrique Doval Seijas, a familiar máis directa e quen proporcionou moita información del dende que voltou á súa aldea natal de San Vicente de Coeo.

Francesc Boix, fotógrafo de Mauthausen, que é de acceso gratuíto,poderase visitar todos os días da semana ata o 31 de xaneiro  en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Noticias relacionadas