O Vello Carcere acolleu a proxeción dun documental sobre o escritor ribadense "el Viejo Pancho"

Estivo presente o Consul de Uruguay xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Deputada de Cultura da Deputación.

Venres, 31 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Carcere acolleu a proxeción ddun documental sobre o escritor ribadense "el Viejo Pancho"

O Vello Carcere acolleu a proxeción ddun documental sobre o ribadense "el Viejo Pancho" a proxección do documental “O Vello Pancho, de Ribadeo ao Prata”, dirixido por Xan Leira. Esta produción, financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, profunda na historia da emigración gallegEl acto contará coa presenza do propio director do documental e de Pablo Rodríguez “Vivín”, escritor, investigador e historiador local de Ribadeo, ademais de depositarioa ao Río da Prata a través da figura emblemática do ribadense José Alonso e Trelles, coñecido como “O Vello Pancho”. Estivo presente o Consul de Uruguay xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Deputada de Cultura da Deputación.

Un percorrido pola emigración e o legado cultural. O documental estreouse o pasado setembro en Ribadeo, coincidindo co centenario do falecemento do Vello Pancho, e explora a masiva emigración galega ao Río da Prata, especialmente desde a comarca da Mariña e Ribadeo durante a segunda metade do século XIX. Baseándose no arquivo familiar de Alonso e Trelles, descuberto polo propio Pablo Rodríguez “Vivín”, a película ofrece unha profunda análise da vida e obra deste destacado escritor e político. O documental tamén conta coas achegas de investigadoras e investigadores como Pilar Cagiao, Martín Fernández Vizoso, Manuel Suárez, José Mª Monterroso Devesa, así como de Toni de Seares e Ana Lorenzo, últimos responsables do programa de radio Sempre en Galicia, de Montevideo, e membros do Padroado da Cultura Galega. Un dos eixos centrais do documental é a obra poética de Alonso e Trelles, na que destacan temas como “a natureza, o gaucho e a vida rural uruguaia”. A súa influencia estendeuse tamén ao mundo da música, coa interpretación dos seus poemas por artistas como Carlos Gardel e Alfredo Zitarrosa. Gardel puxo voz a pezas como “Hopa, hopa, hopa!”, “Insomnio” ou “Misterio”, mentres que Zitarrosa converteu “Da Loita” nun himno reivindicativo.

Multimedia

  • O Vello Carcere acolleu a proxeción ddun documental sobre o escritor ribadense "el Viejo Pancho"
  • O Vello Carcere acolleu a proxeción ddun documental sobre o escritor ribadense "el Viejo Pancho"

Noticias relacionadas