A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza esta actividade en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus
A actividade desenvolverase de 20 a 21 horas e terá entrada gratuíta
A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, xunto coa Sociedade Micolóxica Lucense, unha xuntanza micolóxica no patio do Vello Cárcere. A actividade permitirá á veciñanza achegarse ao mundo dos fungos, e consistirá nunha explicación das especies atopadas na contorna de Lugo.
Durante a actividade, as persoas que o desexen poderán levar os seus cogomelos para resolver dúbidas e cuestións sobre a micoloxía. Ademais, expoñeranse xunto con tarxetas identificativas, os cogomelos das especies de Lugo, permitindo así dispoñer de información sobre cada unha delas.
Máis info
- Cartel "Micoloxía no Vello Cárcere 2019" | Descargar pdf
Audio
- Maite Ferreiro, sobre a xornada micolóxica en Lugo | Descargar mp3