Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere acollerá unha xuntanza micolóxica o vindeiro xoves

O Vello Cárcere acollerá unha xuntanza micolóxica o vindeiro xoves

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza esta actividade en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus

A actividade desenvolverase de 20 a 21 horas e terá entrada gratuíta

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Luns, 21 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, xunto coa Sociedade Micolóxica Lucense, unha xuntanza micolóxica no patio do Vello Cárcere. A actividade permitirá á veciñanza achegarse ao mundo dos fungos, e consistirá nunha explicación das especies atopadas na contorna de Lugo.

Durante a actividade, as persoas que o desexen poderán levar os seus cogomelos para resolver dúbidas e cuestións sobre a micoloxía. Ademais, expoñeranse xunto con tarxetas identificativas, os cogomelos das especies de Lugo, permitindo así dispoñer de información sobre cada unha delas.

Máis info

  • Cartel "Micoloxía no Vello Cárcere 2019" | Descargar pdf [1]

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre a xornada micolóxica en Lugo | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-acollera-unha-xuntanza-micoloxica-o-vindeiro-xoves

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_micoloxia_no_vello_carcere_2019_compressed_1.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191021_maite_ferreiro_micoloxia.mp3