O San Froilán 2016 no cupón da ONCE deste mércores

Carmen Basadre e Manuel Martínez presentaron o cupón, do que se distribúen un total de cinco millóns e medio de exemplares, que difundirán a imaxe destas festas por toda España

Tamén se editaron varios exemplares do programa oficial destas festas en braille, que están dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo, na caseta de información do Concello e nas oficinas da ONCE en Lugo

Luns, 03 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O San Froilán 2016 no cupón da ONCE deste mércores

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, presentaron este luns no Salón de Plenos o cupón dedicado ao San Froilán 2016 cunha réplica do orixinal enmarcada.

Carmen Basadre destacou a “importante oportunidade que nos ofrece o cupón da ONCE para proxectar a imaxe da cidade de Lugo, xa que está comercializado por 20.000 vendedores en toda España”.

Pola súa banda, Manuel Martínez, agradeceu “a implicación do Concello coa ONCE, mellorando a calidade de vida das persoas con discapacidade visual e favorecendo a accesibilidade universal”.

A ONCE dedica o cupón do sorteo, que se realizará o próximo mércores 5 de outubro, cun total de cinco millóns e medio de cupóns que difundirán a imaxe destas Festas de Interese Turístico Galego e Nacional por toda España.

Este cupón foi o número 13 dos dedicados especificamente á cidade de Lugo, ás súas tradicións, ás súas institucións e ás súas xentes, desde que a finais dos anos noventa do século XX, a ONCE introducise ilustracións no cupón. Dende o ano 2000, a ONCE dedicou tres cupóns á Muralla Romana, ao Arde Lucus, ás Termas Romanas, ás polbeiras e á moeda que lle dedicou a Real Fábrica de Moeda e Timbre á cidade, entre outros.

Programa en braille

Tamén se editaron varios exemplares do programa oficial destas festas en braille, que están dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo, na caseta de información do Concello e nas oficinas da ONCE en Lugo.

Multimedia

  • O San Froilán 2016 no cupón da ONCE deste mércores

Noticias relacionadas