O primeiro semestre do ano de Liberdades Sonoras remata mañá coa banda luguesa Holywater, que presenta o seu novo traballo Arboreal

Será, como de costume, no Velló Cárcere, dende as 20:30 horas. A entrada é libre, ata completar cabida. As portas abriranse ás 20:00 horas

Venres, 07 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O primeiro semestre do ano do ciclo de actuacións musicais Liberdades Sonoras remata mañá sábado, 8 de xuño, coa banda luguesa Holywater; que porá o broche de ouro a esta inciativa lúdico-cultural do Concello que debordda éxito concerto tras concerto. Nesta programación tamén colabora ¡Clap! e Work on Sunday.

Será, como de costume, no Velló Cárcere, dende as 20:30 horas. A entrada é libre, ata completar cabida. As portas abriranse ás 20:00 horas.

O grupo destacado da historia da música luguesa, Holywater, que levan dende finais dos 90 levando Lugo pola península recalará mañá no centro sociocultural do Vello  Cárcere. Tras cambios na formación orixinal, seis publicacións e sete anos de silencio discográfico voltan neste 2019 para estrear o seu novo traballo, Arboreal.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre o ciclo Liberdades Sonoras | Descargar mp3

Noticias relacionadas