O MIHL acolle unha exposición fotográfica da Asociación Somos Unidos por el Cáncer

Ana Prieto, Miguel Fernández e Carmen Basadre asistiron á inauguración desta mostra, que se poderá ver ata o 15 de outubro de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas

Sábado, 01 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL acolle unha exposición fotográfica da Asociación Somos Unidos por el Cáncer

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron este sábado no MIHL á inauguración da exposición fotográfica da Asociación Somos Unidos por el Cáncer.

Esta mostra consta de dúas partes diferenciadas, a denominada O cancro márcanos de por vida, que foi cedida polo Grupo Español de Pacientes con Cancro, e a de Sentindo o cancro, que realizou Mirian Vázquez para a Asociación Somos Unidos por el Cáncer.

A exposición poderase visitar ata o 15 de outubro no MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Multimedia

  • O MIHL acolle unha exposición fotográfica da Asociación Somos Unidos por el Cáncer

Noticias relacionadas