O mercado Nadalmente Lucense incluirá esta fin de semana talleres infantís, contacontos, xogos tradicionais e a visita de Papá Noel

A iniciativa, promovida polo Executivo de Paula Alvarellos, desenvolverase na Praza Maior ata o vindeiro 5 de xaneiro, co obxectivo de dinamizar o comercio local de Lugo.

O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

Venres, 13 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O mercado Nadalmente Lucense incluirá esta fin de semana talleres infantís, contacontos, xogos tradicionais e a visita de Papá Noel

O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, incluirá esta fin de semana talleres infantís, contacontos navideños, xogos tradicionais e a visita de Papá e Mamá Noel, entre outras actividades. Así o avanzou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “esta iniciativa, consolidada como un dos puntos de referencia das festas na cidade, busca dinamizar o comercio de proximidade e converter o centro nun espazo cheo de vida e ilusión durante as datas do Nadal”.

O concelleiro lembrou o impacto positivo deste mercado para o comercio local: “Queremos que este Nadal, os negocios de Lugo teñan unha plataforma única para exhibir a calidade e variedade dos seus produtos. Ademais, contribuímos a facer da nosa cidade un referente en experiencias navideñas”.

Neste senso, convidou a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño situado no Praza Maior, “co que dende o Concello queremos encher de maxia e calor estas datas tan especiais”. “Ademais de ofrecer unha experiencia única para toda a familia, este mercadiño é unha oportunidade marabillosa para apoiar o noso comercio local e artesáns, que poñen todo o seu esforzo e creatividade en cada produto”, subliñou.

O mercadiño Nadalmente Lucense non só é un lugar para atopar agasallos orixinais e feitos con mimo, senón tamén unha oportunidade para fortalecer a economía local e poñer en valor o talento dos emprendedores e emprendedoras lucenses.

Ademais, o edil destacou “o traballo constante que levamos a cabo dende o Goberno local para impulsar iniciativas de apoio ao comercio de proximidade, tanto en datas sinaladas como en outros momentos de menor intensidade nos que é importante desestacionalizar a demanda”. “Para este executivo é fundamental respaldar este sector estratéxico, xerador de emprego e motor da cidade”, refrendou.

Un nadal máxico na Praza Maior

O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, con horario reducido ata as 14:30 horas, e os días 25 e 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado.

A programación de actividades para esta fin de semana será a seguinte:

Venres 13

  •  De 16:30 a 21:00h: Visita de Mamá Noel.
  • 17:00 a 20:00h:  Adornos invernais con elementos naturais con NENEA.- 18:30h: Visita e xogos navideños con Mickey (Guachilandia). 
  • 20:00 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta a Papá Noel”.

Sábado 14

  • De 11:00 a 14:30h: Visita de Papá Noel.  
  • 11:00 a 12:30h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta a Papá Noel”.
  • 12:30 a 13:00h: Contacontos infantil navideño.
  • 13:30 a 14:30h: Xogos tradicionais. 
  • De 16:30 a 21:00h: Visita de Papá Noel.
  • 17:00 a 19:00h: Lorena Doval & Manu Arroyo. Voz e piano.
  • 19:30 a 21:00h: Obradoiro de manualidades de Nadal.

Domingo 15 

  • De 11:00 a 14:30. Visita de Papá Noel.
  • 11:00 a 13:00h:  Xogos tradicionais.
  • 13:00 a 14:30h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta a Papa Noel”.
  • De 16:30 a 21:00h: Visita de Papá Noel.
  • 16:30 a 18:30h: Xogos tradicionais.
  • 18:30 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta a Papa Noel”.

 

Noticias relacionadas