O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís

A iniciativa, promovida polo Executivo de Paula Alvarellos, desenvolverase na Praza Maior dende este xoves ata o vindeiro 5 de xaneiro, co obxectivo de dinamizar o comercio.

“Queremos que este Nadal, os negocios de Lugo teñan unha plataforma única para exhibir a calidade e variedade dos seus produtos”, lembrou Mauricio Repetto.

O Mercado de Nadal contará con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

Mércores, 04 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís

O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, abrirá as súas portas oficialmente este xoves cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e diferentes actividades destinadas ás familias e ao público infantil; ademais dunha sesión musical, a partir das 20:00 horas, co DJ Fetén.

Así o avanzou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “esta iniciativa, consolidada como un dos puntos de referencia das festas na cidade, busca dinamizar o comercio de proximidade e converter o centro nun espazo cheo de vida e ilusión durante as datas do Nadal”.

O concelleiro lembrou o impacto positivo deste mercado para o comercio local: “Queremos que este Nadal, os negocios de Lugo teñan unha plataforma única para exhibir a calidade e variedade dos seus produtos. Ademais, contribuímos a facer da nosa cidade un referente en experiencias navideñas”.

Neste senso, convidou a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño situado no Praza Maior, “co que dende o Concello queremos encher de maxia e calor estas datas tan especiais”. “Ademais de ofrecer unha experiencia única para toda a familia, este mercadiño é unha oportunidade marabillosa para apoiar o noso comercio local e artesáns, que poñen todo o seu esforzo e creatividade en cada produto”, subliñou.

“O mercadiño Nadalmente Lucense non só é un lugar para atopar agasallos orixinais e feitos con mimo, senón tamén unha oportunidade para fortalecer a economía local e poñer en valor o talento dos nosos emprendedores e emprendedoras”, apuntou Repetto.

Ademais, o edil puxo en valor “o traballo constante que levamos a cabo dende o Goberno local para impulsar iniciativas de apoio ao comercio de proximidade, tanto en datas sinaladas como en outros momentos de menor intensidade nos que é importante desestacionalizar a demanda”. “Para este executivo é fundamental respaldar este sector estratéxico, xerador de emprego e motor da cidade”, refrendou.

Por outra banda, o edil lembrou que, como novidade, este ano o Concello de Lugo reservou un espazo no mercado para a celebración do Diversiarte, que este ano a Concellería de Benestar Social optou por levar ao Mercado de Nadal, co fin de fomentar a inclusión e a visibilización de colectivos de persoas con capacidades diferentes, tanto do seu labor como da súa actividade, favorecendo ao mesmo tempo unha maior integración co tecido empresarial e social de Lugo. “Paralelamente, se pon a disposición das asociacións lucenses durante o mesmo período de Nadal o local municipal do viveiro de empresas da Tinería, que poderá ser empregado por quendas”, concluíu.

Un nadal máxico na Praza Maior

O Mercado de Nadal contará con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, con horario reducido ata as 14:30 horas, e os días 25 e 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado. A programación de actividades para os vindeiros días será a seguinte:

Xoves, 5

De 16:30 a 21:00

  • 16:30 a 20:30: Chocolatada Navideña
  • 16:30 a 21:00: Visita de Mamá e Papá Noel
  • ⁠17:30 a 18:30: Obradoiro “Escribindo a carta a Papa Noel”
  • 18:30 a 19:30: Teatrillo infantil
  • 19:30 a 21:00: Xogos Navideños con Mamá Noel

Venres, 6

De 11:00 a 14:30

  • 11:00 a 13:00: Visita de Mamá Noel
  • 12:30 a 13:30: Xogos tradicionais
  • 13:30 a 14:30: Obradoiro de manualidades navideñas

De 16:30 a 21:00

  • 16:30 a 18:00: Visita de Papá Noel e Mamá Noel
  • 18:00a 19:30: Gaita tradicional con Álvaro Candal
  • 19:30 a 20:30: Xogos Navideños cos Elfos
  • 20:30 a 21:00: Teatrillo Infantil

Sábado 7

De 11:00 a 14:30

  • 11:00 a 12:30: Xogos tradicionais
  • ⁠12:30 a 13:00: Teatrillo Navideño
  • ⁠13:00 a 14:30: Visita de Papá Noel e Mamá Noel

De 16:30 a 21:00 

  • 16:30 a 17:30: Visita de Papá Noel
  • 17:30 a 18:30: Espectáculo de Maxia co mago David Méndez
  • 18:30 a 20:30: Obradoiro de manualidades
  • 20:30 a 21:00: Visita do Elfo xunto con Papá Noel

Domingo, 8

De 11:00 a 14:30

  • 11:00 a 12:30: Obradoiros Navideños
  • ⁠12:30 a 14:00: Visita de Papá Noel
  • 14:00 a 14:30: Teatrillo

De 16:30 a 21:00

  • 16:30 a 20:30: Chocolatada Navideña
  • ⁠16:30 a 18:30: Xogos coa visita de Papá Noel e o Elfo
  • 18:30 a 19:30: Teatrillo Infantil
  • 19:30 a 20:30: Escribimos a carta a Papá Noel
  • 20:30 a 21:00: Xogos Infantis

Multimedia

  • O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís
  • O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís
  • O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís
  • O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís

Noticias relacionadas