O Intendente Xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro, condecorado coa Cruz ao Mérito Militar que concede Defensa

Martes, 10 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Intendente Xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro, condecorado coa Cruz ao Mérito Militar que concede Defensa

O Ministerio de Defensa vén de concederlle ao Intendente Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro a Cruz ao Mérito Militar con distintivo branco a proposta da Subdelegación de Defensa en Lugo.

Un recoñecemento que se lle outorga en atención aos méritos e circunstancias que concorren no Intendente Xefe e pola excelente colaboración e apoio do Corpo tanto coa propia Subdelegación de Defensa como coas Forzas Armadas, segundo aparece recollido no Diario Oficial do Ministerio de Defensa do xoves, día 5 de xaneiro de 2023, na Orde 431/00255/23.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quixo aproveitar hoxe a súa reunión semanal coa Policía Local para trasladarlle os parabéns a Jesús Piñeiro ao cal felicitou persoalmente pola concesión da nova insignia ao tempo que enxalzou o labor que desenvolve á fronte do Corpo local.

Dende o seu nomeamento émanifesta a melloría que experimentou o servizo, froito tamén da incorporación de máis medios e efectivos e da cobertura dos postos de mando pero, sobre todo, do excelente traballo de quen os lidera e asume a súa organización nun clima de diálogo e entendemento permanente non só co propio Concello senón tamén, a nivel colaborativo, co resto de Forzas de Seguridade que operan no municipio e na provincia”, afirmou a rexedora.

Noticias relacionadas