O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios

Os disfraces individuais, os de parellas e as comparsas, que encheron Lugo de música, humor e cor, foron pasando ante numerosas persoas que se achegaron a ver o desfile

Martes, 28 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios

Os participantes no Gran Concurso de Disfraces do Concello concentráronse ás cinco da tarde deste Martes de Entroido no Mercado Municipal para logo desfilar pola praza de Santo Domingo, a rúa da Raíña e chegar á Praza Maior, nun percorrido que a choiva respectou. Diante da Casa Consistorial e con José Areñas como xefe de cerimonias, os disfraces individuais (11), os de parellas (6) e as comparsas (12), que encheron Lugo de música, humor e cor, foron pasando ante numerosas persoas que se achegaron a ver o desfile.

A entidade local repartiu uns 6.650 euros en premios entre os participantes, que valorou un xurado composto este ano por: José Blázquez, artista multidisciplinar, Luis Areñas, deseñador de moda, e Olga Díaz, representante da Asociación Cultural Pepe Barreiro.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e os membros do xurado, entregáronlles os premios aos gañadores desta edición, que foron os seguintes:

Categoría Individual

  • 1º premio de 500 €: La ira de una diosa.
  • 2º premio de 300 €: Pavoneándose por Lugo. 
  • 3º premio de 200 €: Capitán Babuíno. 
  • 3 accésits de 50 € cada un: Engaoilado polo Entroido; A raíña dos legumes e Mis medicinas. 

Categoría Parellas

  • 1º premio de 600 €: O natural é fabul-oso. 
  • 2º premio de 400 €: Fóisonos a pinza. 
  • 3º premio de 300 €: Las enlatadas y olé. 
  • 3 Accésits de 100 € cada un: El oráculo del destino; Bender e Flexo e Nuestras cucharillas se visten de gala.

Categoría Comparsas

  • 1º premio de 1.100 €: Los empapelaos de Montironi. 
  • 2º premio de 800 €: O xardín de Triscos. 
  • 3º premio de 600 €: A arca do Xosé. 
  • 7 Accésits de 200 € cada un: O feitizo das xacias do bosque do Caurel; Revolución ¡a cabeza non para!; Volando voy; Disfrutando na charca; Jas_tas_roda Custom Club; Imserso molón e As criaturas do bosque máxico.

As actividade de Entroido rematarán mañá co Velorio da Sardiña, a procesión de Santa Compaña e o enterro da Sardiña, así como o concurso de ferretes, que poñerán o broche de ouro ao Entroido.

Multimedia

  • O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios
  • O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios
  • O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios
  • O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios
  • O Gran Concurso de Disfraces do Concello repartiu 6.650 euros en premios

Noticias relacionadas