O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, reuniuse esta mañá coa directora xeral de Patrimonio Natural para presentar a proposta do Goberno local.
Esta dotación foi unha das peticións que a alcaldesa de Lugo trasladou ao presidente da Xunta na reunión que mantiveron o pasado mes de xullo.
“A parcela ten unha superficie de entre 3.000 e 5.000 metros cadrados para unha dotación que “é moi necesaria por localización e por poboación”, sinala Miguel Fernández.

O Goberno local está máis preto de acadar a construción dun novo canil despois de que esta mañá, na reunión entre o concelleiro de Transición Ecolóxica e a directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Miguel Fernández ofrecese unha parcela municipal na contorna do Parque dos Paxariños para a construcción desta dotación. A execución da mesma é unha das propostas que a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, trasladou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión que mantiveron o pasado mes de xullo.
O edil de Transición Ecolóxica, acompañado do xefe de Servizo de Medio Ambiente, Miguel Negral, presentou a proposta dunha parcela de entre 3.000 e 5.000 metros cadrados, que cumpre coas esixencias do Goberno autonómico e que segundo Miguel Fernández “permitirá a construción dunha infraestrutura moi necesaria e demandada, tanto desde o punto de vista da localización, como pola poboación de mascotas nesta zona da cidade”.
Unha vez presentada a proposta, o Goberno local atópase a espera de que os técnicos autonómicos estudien a localización rposta polo Executivo de Paual Alavrellos. Para o responsable da área de Transición Ecolóxica, “con esta dotación ampliaremos este servizo para toda a cidade, que conta xa na actualidade con catro canis, no carril das Estantigas, no centro histórico; ao lado da carballeira de Fingoi; en Serra de Ancares e no parque de Frigsa”. Ademais, Fernández fai fincapé na necesidade deste equipamento é inta a Xunta a cumprir co comprometido sen demora, xa que “Lugo é unha das cidades galegas con maior número de cans”.
Audio
- O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, sobre a proposta do Canil | Descargar mp3



