O Concello reivindica máis investimento en investigación e sanidade pública no Día Mundial do Párkinson

Martes, 11 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello reivindica máis investimento en investigación e sanidade pública no Día Mundial do Párkinson

O Concello de Lugo sumouse este martes ás actividades organizadas pola asociación Parkinson Lugo con motivo do día mundial desta doenza. A Alcaldesa, Lara Méndez, e os concelleiros de Benestar Social, Igualdade e Inclusión e Educación e Infraestruturas Urbanas, Ana González Abelleira e Manuel Núñez, achegáronse á mesa informativa que o colectivo instalou esta mañá en fronte ao consistorio, visita na que reivindicaron máis investimento en investigación e sanidade pública para avanzar na mellora dos tratamentos desta enfermidade e na calidade de vida dos doentes, unhas 160.000 persoas en España.

“Poñemos o noso gran de area para visibilizar esta doenza, que moitas veces se asocia á vellez, pero a realidade é que un de cada dez diagnosticados ten menos de 45 anos”, subliñou a Alcaldesa, quen, xunto cos edís de Benestar Social e Educación se sumou á campaña #empeñadosporelparkinson que a Federación Española de Parkinson, da que forma parte a asociación lucense, desenvolve nas redes sociais para reclamar máis fondos para investigación.

Audio

Noticias relacionadas