O Concello organiza unhas charlas médicas destinadas aos maiores en colaboración co Servizo Galego de Saúde

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou esta mañá xunto ao Director Provincial do Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, dará comenzo este venres na parroquia lucense de Coeses. Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde.

As charlas percorrerán distintos barrios da cidade e a zona rural co fin de dar cobertura informativa a todos os lucenses sobre temas de gran interés para a población como son as enfermidades que afectan á terceira idade. Estas ponencias estarán impartidas por profesionais especializados en mediciña xeriátrica e abordarán temas relacionados coa saúde dos maiores dende a perspectiva da prevención (para fomentar hábitos saudables de dieta, exercicio físico e hixiene) e da enfermidade, ofrecendo información sobre as afeccións típicas como demencias ou alzheimer. Outras materias das que se informará será o uso adecuado dos medicamentos ou a saúde da muller.

As conferencias son totalmente gratuítas e estarán abertas á participación do público asistente co fin de ofrecer a oportunidade de plantexar as súas dúbidas e comentarios sobre estes temas aos expertos.

A concelleira destacou a importancia de desenvolver este tipo de actividades que veñen a satisfacer unha demanda dos ciudadanos cada vez máis concienciados da necesidade de adoptar hábitos saudables e de previr enfermidades. Ademais sinalou que “as administracións teñen que levar a cabo actuacións deste tipo pois o envellecemento da población é un problema real e é a nosa responsabilidade manter aos nosos maiores informados e dar resposta as súas preocupacións sobre a saúde e outros aspectos sanitarios”.

O ciclo comeza este venres coa charla de Coeses ás 20 horas. O calendario deseñado cubrirá as seguintes zonas do municipio:

- Fontiñas o 12 de marzo, ás 18 horas;
- As Regas o 16 de marzo, ás 20 horas;
- Trapero o 20 de marzo, ás 18 horas;
- Recimil o 23 de marzo, ás 18:30 horas;
- Romeán o 11 de abril, ás 18 horas;
- As Gándaras o 12 de abril, ás 20 horas;
- O Sagrado Corazón o 18 de abril, ás 20 horas;
- Díaz Castro o 19 de abril, ás 18 horas;
- Burgo o 27 de abril, ás 19:30 horas;
- Ribas de Miño o 10 de maio, ás 20 horas;
- Tirimol o 11 de maio, ás 20:00 horas;

E rematan o 25 de maio en Soñar coa charla que se celebrará ás 18 horas.

Cando finalicen as distintas accións formativas contempladas neste convenio de colaboración, as institucións participantes editarán unha publicación coa escolma dos contidos abordados ao longo das actividades desenvolvidas.

Noticias relacionadas