O Concello inicia obras de mantemento e mellora de canlóns e persianas nos colexios públicos e escolas infantís municipais

As actuacións, cun orzamento de 40.800€, levaranse a cabo nos centros Manuel Mallo, Sagrado Corazón, As Gándaras, Casás, Menéndez Pelayo, A Ponte, Illa Verde, Luis Pimentel, Rosalía de Castro, Albeiros e Paradai, e nas garderías Luis Soto Menor, Gregorio Sanz, Serra de Outes, María Wonnenburguer e Fingoi II

Domingo, 12 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas e Educación, Manuel Núñez, avanzou que o Concello inicia este luns obras de mantemento e mellora de canlóns e persianas nos colexios públicos e escolas infantís municipais por un importe conxunto de 40.800€ co fin de garantir en boas condicións as instalacións e, polo tanto, a comodidade e benestar da comunidade educativa.

A través dun contrato por importe de 28.914,16€, adxudicado a Portosar, o Concello procederá á reparación, limpeza, selado e reposición de tubos e codos dos canlóns e as baixantes dos seguintes centros educativos: colexios Manuel Mallo, Sagrado Corazón, As Gándaras, Casás, Menéndez Pelayo, A Ponte, Illa Verde, Luis Pimentel, Rosalía de Castro, Albeiros e Paradai, e nas garderías Luis Soto Menor, Gregorio Sanz, Serra de Outes, María Wonnenburguer e Fingoi II.

Cun orzamento de 11.880,26€, a Concellería de Educación, a través dun contrato con Portosar, arranxará e colocará persianas novas nos colexios de Albeiros (20 unidades), As Gándaras (3), Luis Pimentel (4), Menéndez Pelayo (5) e Anexa (5).

Audio

  •  Manuel Núñez, sobre as melloras dos colexios e escolas infantís| Descargar mp3

Noticias relacionadas