O Concello destina 37.500 euros á iluminación de Nadal nuns 40 puntos da cidade

A entidade local asume por segundo ano consecutivo o custe íntegro da luz ornamental, que contempla máis de 160 arcos e preto de 10 rótulos

Luns, 07 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iluminación de Nadal

O Concello de Lugo destina 37.500 euros á iluminación de Nadal nuns 40 puntos da cidade. Durante os últimos días, a empresa adxudicataria, Electromiño, está instalando a iluminación artística de cara as festas do Nadal en diferentes rúas e prazas. Instalaranse máis de 160 arcos e preto de 10 rótulos en Campo Castelo, Rúa San Pedro, Progreso, Xoán Montes, Raíña, Nóreas, Teatro, Clérigos, San Froilán, Amor Meilán, Montevideo, Bolaño Rivadeneira, rúa da Cruz, praza do Campo, rúa Bispo Basulto, Catedral, Miño, Doutor Castro, Conde Pallares, Praza de Santo Domingo, Praza da Soidade, rúa Bispo Aguirre, rúa Nova, Montero Ríos, San marcos praza Mártires de Carral, Concepción Arenal, Avenida da Coruña, Camiño Real, Quiroga Ballesteros, avenida das Fontiñas, rúa San Roque, Carril das Frores, confluencia das rúas Carril dos Loureiros e Isaac Díaz Pardo co arúa Recatelo; na rotonda do Parque da milagrosa, confluencia da Avenida da Coruña e Avenida Paulo Fabio Máximo, Fonte dos Ranchos, confluencia de San Roque e Avenida de Madrid, rúa Adolfo Suárez e Ponte Romana-Calzada. Ademais encherase de luz do Nadal a Casa Consistorial e a Praza Maior.

O Concello asume por segundo ano consecutivo o custe íntegro da luz ornamental, que previsiblemente estará prendida todos os días de 18:00 a 22:00 horas, e os festivos e víspera de festivos, de 18:00 a 02:00 horas ata despois de Reis. Trátase dunha iniciativa para impulsar o espírito do Nadal.

Noticias relacionadas