
O Concello de Lugo participou esta mañá no minuto de silencio convocado pola Subdelegación do Goberno en memoria da muller asasinada este pasado fin de semana en Estepa (Sevilla), un novo caso de violencia de xénero que conmociona a sociedade e reforza a necesidade de seguir loitando contra esta lacra.
Con este acto, quíxose expresar a repulsa máis enérxica ante este crime machista e trasladar o apoio e afecto á familia da vítima. O Concello reafirma o seu compromiso coas políticas de igualdade e a prevención da violencia de xénero, apelando á importancia de continuar reforzando as medidas de sensibilización e protección para acadar unha sociedade libre de violencia machista.
Desde o Concello de Lugo, anímase á cidadanía a implicarse activamente na erradicación desta violencia estrutural, que continúa sendo unha cuestión de Estado e que require do esforzo conxunto de toda a sociedade.


