O Concello de Lugo informa dun corte de tráfico puntual durante as tardes de mércores e xoves entre a rúa Armañá e a rúa da Raíña

Procederase ao formigonado deste tramo para avanzar nas obras de peonalización da praza de Santo Domingo, enmarcadas no proxecto ‘Corazón verde entre Murallas’.

Cortarase ao tráfico o tramo comprendido entre Armañá e rúa da Raíña, habilitándose un itinerario alternativo na zona lindeira ao Convento das Agustinas para a saída dos vehículos do aparcamento soterrado, residentes e emerxencias.

Durante o tempo que se realice este corte haberá presenza de Policía Local na zona para regular o tráfico e dar as indicacións que sexan precisas. Así mesmo, estas dúas tardes quedará inhabilitada a zona de carga e descarga que está diante da Praza de Abastos.

Martes, 19 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa dun corte de tráfico puntual no entorno da praza de Santo Domingo, co obxectivo de formigonar o tramo comprendido entre a rúa Armañá e a rúa da Raíña e avanzar, deste xeito, nas obras de peonalización do Centro Histórico enmarcadas no proxecto ‘Corazón verde entre Murallas’.

A este respecto, procederase a cortar o tráfico neste tramo da praza mañá, mércores, 20 de marzo, entre as 15:30 e as 17:30 horas, e o xoves 21 de marzo, desde as 14:30 horas en diante, cunha hora de finalización dos traballos prevista para as 20:00 horas.

Durante o tempo que duren as restricións haberá presenza de Policía Local na zona para regular o tráfico e dar as indicacións que sexan precisas. Así mesmo, o Concello traslada que se mantén autorizado o acceso desde a rúa do Teatro ata Santo Domingo con saída por San Marcos, xa que o tramo que se corta é desde Santo Domingo (rúa Raíña) cara á praza de Armañá. Igualmente, os vehículos poderán seguir accedendo ao aparcadoiro de Santo Domingo.

Para a saída dos vehículos lixeiros que accedan a este parking soterrado, así como para a saída de residentes e o paso de vehículos de emerxencias, habilitarase un itinerario alternativo na zona lindeira á fachada do Convento das Agustinas.

Por outra banda, esas dúas tardes quedará inhabilitada a zona de carga e descarga que está diante da Praza de Abastos, que durante a mañá, en cambio, se manterá operativa. O Concello informa que a distribución poderá utilizar o resto de zonas que hai no centro histórico para realizar ese tipo de traballos.

Os cortes de tráfico se levarán a cabo en horario de tarde para minorar as molestias que poidan ocasionar ao comercio e á cidadanía.

Noticias relacionadas