Esta é a primeira vez que a cidade acolle unha asamblea masónica da Gran Logia Provincial de Castela

O Concello de Lugo daba hoxe a benvida, da man do edil Miguel Couto aos participantes na XXV Asamblea Xeral de Masonería que se celebrará mañá na cidade
Ao redor de 100 persoas de diferentes logias da masonería, pertencentes á Gran Logia Provincial de Castela, unha das dúas circunscricións na que se divide a masonería española, participarán na Asemblea Xeral que terá lugar mañá sábado e que se vén celebrando, anualmente, en diferentes localidades españolas aínda que esta é a primeira vez que a capital acolle un evento deste tipo.
Os actos iniciábanse hoxe coa recepción municipal e está previsto que ás oito da tarde se celebre unha conferencia a cargo de Óscar de Alfonso Ortega, Gran Mestre da masonería española, no Círculo das Artes. Un acto aberto a toda a cidadanía que desexe asistir.
Xa mañá sábado o Gran Hotel será o escenario escollido para desenvolver a reunión durante a cal terá lugar a votación de novos membros electos para rematar a xornada cun ágape.
Na Asamblea agárdase a presenza de membros representativos das logias masónicas de Bilbao, Zaragoza, Valladolid, Irún, Palencia, Cáceres, Xixón, Toledo, Torrelavega, Pamplona, Salamanca e as tres de Galicia da Coruña, Vigo e Santiago.