O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a execución deste inmoble, no que se investirá 1,5 millóns de euros e cuxo prazo de execución será dun máximo de 12 meses

O novo equipamento dará servizo aos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como a diversas parroquias, atendendo as necesidades de 20.000 persoas

O deseño do edificio é funcional e cunha distribución flexible para desenvolver actividades para os maiores, os mozos e os máis cativos e para facilitar a conciliación

Seguindo os criterios de urbanismo sostible impulsados por Lara Méndez, será un centro de consumo enerxético case cero e usará madeira como principal material construtivo

Este proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% pola UE a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Mércores, 25 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade

O Goberno de Lara Méndez destinará 1,5 millóns de euros á construción dun novo Centro de Servizos Sociais en Lamas de Prado, que atenderá a 20.000 persoas dos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como de diversas parroquias.

 O executivo municipal aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local o proceso de licitación das obras, que contarán cun período de execución de 12 meses. Así o avanzou a alcaldesa de Lugo, quen subliñou que “con esta novo equipamento buscamos integrar nun só edificio, moderno e funcional, os locais da zona nos que actualmente se levan a cabo labores de benestar social, e que quedaron xa pequenos, e crear espazos polivalentes para dinamizar actividades para os nosos maiores e para os mozos e mozas, favorecendo así a convivencia interxeracional, pero tamén para os máis pequenos facilitando a conciliación das familias”.

A rexedora explicou que “este proxecto enmárcase na estratexia Dusi Muramiñae, que temos en marcha con fondos europeos, e que contempla entre os seus obxectivos o desenvolvemento de accións para fomentar a inserción laboral e reducir o risco de exclusión”. O novo centro, que se levantará nunha parcela municipal de 886 m2 cadrados, que linda coa rúa Aquilino Iglesia e Fábrica de Abella, “contribuirá á revitalización da zona, cunha nova imaxe de modernidade, innovación e mellora estética, ao tempo que buscamos insertar social e laboralmente a colectivos vulnerables”.

“Así mesmo, aproveitaranse as sinerxías co proxecto Life Lugo+Biodinámico, de tal forma que na súa construción teranse en conta criterios medio ambientais e de sustentabilidade, empregando a madeira como principal elemento estrutural, na liña do edificio Impulso Verde que estamos a construír na Garaballa e do urbanismo sostible que é marca xa de Lugo”, engadiu. Por iso, na elaboración do proxecto tívose en conta a esixencia de alcanzar un edificio de consumo enerxético case cero e a instalación de paneis fotovoltaicos, ao tempo que se proxecta unha zona verde ao redor deste espazo público, co fin de conformar unha separación co tráfico rodado. Ademais, na área de aparcamento se contemplan prazas de recarga eléctrica.

No seu deseño tamén se tiveron en conta criterios de ubicación en función das horas solares, e a zona sur disporá dun peche de láminas de madeira para regular a incidencia do sol e controlar o confort climático interior.

O inmoble disporá de dúas plantas e un sótano, que funcionará de xeito independente: a planta baixa, que terá unha distribución flexible, albergará actividades recreativas e formativas, coas que facilitar a convivencia interxeracional e a conciliación familiar; e a pranta superior destinarase a labores de traballo social.

O centro destinarase a realizar distintas funcións: asesoramento e axudas sociais, formación e cursos, así como actividades recreativas ou de ocio tales como baile, teatro, espectáculos, xogos, etcétera. Contará cun equipo interdisciplinar constituído por traballadores sociais, educadores, animadores, auxiliares e conserxería.

Este proxecto enmárcase no estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% pola UE a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o seu obxectivo é integrar o Miño na cidade a través da zona do Carme para conseguir así unha cidade máis verde, máis sostible, máis integradora e moderna.

Distribución do espazo

Zona Espazos Servidores (Planta Soto):

Esta zona albergará os aseos, que dan servizo aos espazos principais da Planta Baixa, o cuarto de instalacións e o almacén xeral. Tanto o cuarto de instalacións como o almacén comunican directamente cun distribuidor interior dotado dun elevador mixto (persoas-cargas). Esta característica facilita a carga e descarga de material e equipos xa que se trata dun elevador de dobre embarque que permite o acceso directo do material a beirarrúa.

Zona Recreativa / Formativa (Planta Baixa):

A pranta baixa terá unha distribución flexible, é dicir, empregarase tabiquería móbil, o que permitirá adaptar a distribución das particións interiores aos usos e actividades que se vaian a desenvolver en cada momento. Nesta pranta situarase o vestíbulo principal, unha zona de información e conserxería, así como unha zona polivalente que se poderá utilizar como salón de actos para 150 persoas, ludoteca, sala de conferencias, sala de lectura, sala de xogos, sala de ximnasia ou de baile.   

Así mesmo, a planta baixa incorporará na fachada oeste unha apertura que permitirá “invertir” o sentido de funcionamento da zona expositiva do centro, e crear un espazo público no que sexa posible desenvolver actuacións exteriores, gozando da comodidade e medios que achegan a utilización do escenario e instalacións do centro. Os lateriais da pranta baixa contarán, así mesmo, con grandes ventanais para permitir a relación co espazo exterior e introducir a maior cantidade posible de luz nas estancias.

Zona Traballo Social (Planta Primeira):

A planta superior organízase en franxas de sentido lonxitudinal ao longo do edificio. Albergará a zona de traballo social e contará con: unha zona de información, 7 despachos, dúas zonas de espera, un arquivo e aseos.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Novo Edificio de Servizos Sociais | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade
  • O Concello construirá un centro de Servizos Sociais interxeracional e polivalente en Lamas de Prado seguindo criterios de sustentabilidade

Noticias relacionadas