O Concello colabora con COGAMI en dous talleres de improvisación teatral

O primeiro deles terá lugar o vindeiro xoves, 12 de xullo, a partir das 11:30 horas, no fondo da Praza Maior, e o segundo, o día 27, dende as 12:00 horas, no Vello Cárcere

Venres, 06 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello colabora con COGAMI en dous talleres de improvisación teatral

O Concello de Lugo colabora con COGAMI coa celebración de dous talleres de improvisación teatral. O primeiro deles terá lugar o vindeiro xoves, 12 de xullo, a partir das 11:30 horas, no fondo da Praza Maior, e o segundo, o día 27, dende as 12:00 horas, no Vello Cárcere.

Trátase de presentar o proxecto IMPROVabilidades, para difundir o traballo realizado nos últimos 10 meses polas voluntarias Kallirroi Gentillini e Georgia Ormyliotou, que fan servizo de voluntariado europeo en Cogami, dentro do programa Erasmus+, no que participa a entidade. Nesta actividade participaron 25 usuarios e usuarias do centro de día que COGAMI ten na cidade.

Deste xeito, Cogami Lugo sae á rúa para realizar dúas clases de teatro e dar a coñecer e involucrar  así á cidadanía nesta iniciativa. 

Noticias relacionadas