Na categoría de 12 a 14 anos entregáronse premios ao IES Anxel Fole e ao CPR Divino Maestro, e na categoría de 15 a 18 anos resultaron gañadores o IES Anxel Fole e o CPR Maristas.
O certame organízase anualmente pola Tenencia de Alcaldía, e permite coñecer a capacidade creativa da mocidade do Concello de Lugo.
A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento anuncia os relatos gañadores do XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, que estivo aberto á participación de todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo. O certame é organizado de xeito anual pola Tenencia de Alcaldía, e permite ver a gran capacidade creativa da mocidade do concello.
Cada un dos participantes puido presentar un máximo de tres relatos, cunha unha extensión máxima de 10 páxinas escritas a unha soa cara. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, con tres premios cada unha.
Na categoría de 12 a 14 anos, os premios entregados foron os seguintes:
- 1º Premio: “O Pazo”, presentado por unha estudante do IES Ánxel Fole, que recibirá un lote de libros e un premio de 200€.
- 2º Premio: “Amina”, escrito por unha estudante do CPR Divino Maestro, que recibirá un lote de libros e un premio de 100€.
- 3º Premio: “O reino dos soños”, tamén do CPR Divino Maestro, que recibirá un lote de libros e un premio de 70€.
Na categoría de 15 a 18 anos entregáronse só o primeiro e o segundo premios, a María Fernández Ascariz, do IES Ánxel Fole coa obra titulada “Pola Noite”, que recibirá un premio de 250€ e un lote de libros, e a Carme Pereira Troncoso, coa obra titlulada “Sombras no Peirao”, alumna do CPR Maristas que recibirá 130€ e un lote de libros.
O xurado estivo formado por Xosé Manuel Castro Castedo, profesor de lingua e literatura galega de Educación Secundaria, Teresa Pena Moreda, directora da Biblioteca Municipal de Lugo e Margarita Calderón Fernández, Pedagoga da Concellería de Educación.

