O Concello apoia o manifesto a favor da investigación contra o cancro

Luns, 24 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello apoia o manifesto a favor da investigación contra o cancro

As concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participaron este luns nos actos organizados en Lugo pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) co motivo da conmemoración do Día Mundial contra esta enfermidade, entre eles, a sinatura dun manifesto en favor da investigación do cancro. Dende este colectivo fan un chamamento para que se potencie o labor investigador nas causas, a prevención, a detención precoz e os tratamentos desta enfermidade, e tamén a adopción de todas as medidas necesarias para incrementar de forma sostida os fondos que se destinan á investigación do cancro en España ata duplicar, desde hoxe ata 2030, o investimento realizado nos últimos dez anos.

Noticias relacionadas