O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra a súa xunta directiva no edificio municipal Impulso Verde

A alcaldesa, Paula Alvarellos, saudou posteriormente ás persoas asistentes e agradecéulles a súa contribución a seguir divulgando e poñendo en valor este inmoble.

Venres, 26 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra a súa xunta directiva no edificio municipal Impulso Verde

O edificio Impulso Verde acolleu este venres unha xunta directiva do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia. A entidade mostrou o seu interese en celebrar dito encontro nestas instalacións municipais co obxectivo de poñer en valor e visibilizar este edificio pioneiro, situado na zona da Garaballa. Unha contribución que a propia rexedora de Lugo, Paula Alvarellos, lles agradeu persoalmente, logo da reunión.

A través do mesmo, o Concello de Lugo continúa a fomentar a utilización da madeira como elemento estrutural na construción, eixo tamén da estratexia de diversificación industrial do municipio, que se sustenta en valores medioambientais e que teñen o seu máximo expoñente neste inmoble, o primeiro edificio público construído con madeira de Galicia e un referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.

O Impulso Verde cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que impulsa o goberno local. Un proxecto, clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.

Multimedia

  • O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra a súa xunta directiva no edificio municipal Impulso Verde

Noticias relacionadas