Lara Méndez, Manuel Núñez e Carmen Basadre acompañaron aos nenos e nenas asistentes á actuación organizada neste centro
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañaron este xoves, no Colexio Rosalía de Castro, aos nenos e nenas asistentes ao Concerto Didáctico. Esta programación arrincou o 4 de abril e desenvólvese ata o 15 de xuño, nun total de 24 centros educativos lucenses e no Hospital de Calde.
Trátase da quinta edición deste ciclo posto en marcha polo Concello, que permite aos máis cativos coñecer os diferentes instrumentos musicais e achegarse á música en vivo dun xeito lúdico, grazas á Escola e á Banda Municipal de Música. Durante o concerto didáctico, que ten unha duración duns 45 minutos, nesta edición preséntase un espectáculo musical onde o fío condutor é a maxia.
Como broche de ouro a este ciclo, os vindeiros 14 e 15 de xuño, terán lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire distintos concertos.
Mais información do ciclo de concertos didácticos na web municipal www.lugo.gal.