O CEI-NODUS acolle un curso do programa LUGOWORK, dirixido á formación de desempregados lucenses

Lara Méndez e Darío Campos mantiveron un encontro con 15 mozos e mozas en paro que iniciaron hoxe o curso de Auxiliar de ventas online e offline a atención ao público

Luns, 06 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O CEI-NODUS acolle un curso do programa LUGOWORK, dirixido á formación de desempregados lucenses

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, mantiveron este luns un encontro no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NODUS) con 15 mozos e mozas en paro, que iniciaron hoxe o curso de Auxiliar de ventas online e offline e atención ao público. Trátase dunha das 4 accións formativas gratuítas postas en marcha polo organismo provincial dentro do programa de emprego xuvenil LUGOWORK, que se suma aos programas que desenvolve o Concello, como o Espazo Inicia Coworking, o Obradoiro EmpregaTIC, o Plan Mellora Lugo ou o Plan de Emprego (Con) trato feito!

A rexedora asegurou que “tanto o Concello como a Deputación amosan coas súas accións que as administracións están para dar resposta ás demandas e problemas dos veciños e veciñas, polo que ambas entidades ofrecen solucións ao desemprego, independentemente de que sexa unha competencia propia ou non”.

Noticias relacionadas