O Caudal Fest volve estar nominado, na súa 1º edición, a uns galardóns: os European Festival Awards 2018

Para este premios, considerados como os máis selectos, en canto a recoñecemento de festivais, o Caudal Fest está nominado a Mellor festival de formato medio e Festival revelación

Luns, 12 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal Fest volve estar nominado, na súa 1º edición, a uns galardóns: os European Festival Awards 2018

O Caudal Fest volver estar nominado, tras a celebración da súa primeira edición, a uns galardóns, neste caso aos European Festival Awards 2018, que premian a todos os festivais de Europa en distintas categorías. Neste caso, as nominacións para este festival polo que apostou o Concello dado a súa repercusión para a cidade, é ao do Mellor festival de formato medio e Festival revelación.

Para chegar á final, combinarase o voto do público cun xurado da industria. As persoas interesadas en amosar o seu apoio a esta cita poden facelo entrando na web dos premios, https://eu.festivalawards.com/, na categoría Best Medium-Sized Festival e na de Best New Festival. Non require rexistro.

O Caudal Fest xa fora nominado, dentro dos Premios Fest, a Mellor festival de mediano formato, Festival revelación, Mellor aportación turística á rexión e Mellor directo nacional: Vetusta Morla.

O Goberno de Lugo amosou a alegría por estas 2 nominacións, que se suman ás 4 anteriores, nunhos premios de renome internacional. Nesta liña, o Goberno subliñou que estar na lista de nominacións destes galardóns, considerados como os máis selectos en canto a recoñecemento deste tipo de festivais, e máis no primeiro ano que se celebra, amosa  a gran trascendencia da celebración desta cita musicial para a promoción e difusión de Lugo, non só como destino dos amantes da cultura festivaleira, senón para o desenvolvemento do municipio.

O Caudal Fest, que tivo lugar o pasado mes de setembro a carón do río Miño, contou con 22.134 asistentes, e deixou o 100% de ocupación hoteleira, sold out na zona de descanso, 200 empregos directos creados e un impacto económico de 3 millóns de euros.

Noticias relacionadas