O Caudal Fest pecha o cartel con 7 novas incoporacións e un espazo para La Duendeneta

Os concertos de Rulo y la contrabanda, Viva Suecia, Joe Crepúsculo e Igloo compoñen a programación do primeiro día. As últimas confirmacións para a segunda xornada son Triángulo de Amor Bizarrro, David Prado e Berta Franklin

Finalmente, por cuestións de axenda do artista, Andrés Súarez dará a súa actuación o venres dentro do día de balde, en vez da data inicialmente anunciada, o sábado 22

O festival conta cunha zona de descanso, que xa está dispoñible en www.caudalfest.es. Ademais, haberá buses entre o centro de Lugo e o recinto. As entradas seguen ao prezo final de 35 euros máis gastos de xestión

Venres, 31 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal Fest pecha o cartel con 7 novas incoporacións e un espazo para La Duendeneta

O Caudal Fest, que se celebrará o 21 e 22 de setembro, pecha o cartel con 7 novas incorporacións. Por unha banda, na primeira das xornadas do festival, a gratuíta, que finalmente tamén acollerá a contorna do parque do río Miño, para poder garantir a seguridade e comodidade de todas as persoas asistentes, actuará Rulo y la contrabanda, o grupo do ex-cantante de La Fuga e unha das caras máis coñecidas do rock do país. Esta formación encabezará a xornada, na que tamén actuarán os murcianos Viva Suecia, un dos fenómenos musicais do momento co seu indie rock característico, o festeiro Joe Crepúsculo e Igloo, veterana banda de rock de Caldas de Reis.

Por outro lado, os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro tamén se únen á programación do sábado 22, día de pago, cos locais David Prado en formato acústico e Berta Franklin, artistas de Lugo que poñerán a guinda ao primeiro festival urbano da súa terra.

Finalmente, por cuestións de axenda do artista, Andrés Súarez dará a súa actuación o venres dentro do día de balde, en vez da data inicialmente anunciada, o sábado 22. Todas as persoas que teñan un problema con este cambio, podedes contactarnos por email a contacto@caudalfest.es. Por último, contaremos co espazo La Duendeneta para amenizar os descansos entre concerto e concerto.

O Caudal Fest conta cunha zona de descanso, que xa está dispoñible na web oficial do evento, www.caudalfest.es. Ademais, o festival contará con buses entre o centro de Lugo e o recinto, cuxos horarios se anunciarán nos vindeiros días. As entradasa seguen ao prezo final de 35 euros máis gastos de xestión.

Este festival exponse como unha cita musical sostible e respectuosa co medio ambiente natural, a orilla do río Miño, unha zona que conta ademais cunha gran riqueza patrimonial e histórica: onde a escasos metros do escenario se poderán atopar unha das herencias máis valiosas que deixaron os romanos na cidade, xunto á Muralla, a Ponte e as Termas, que se encontran baixando a calzada romana da vía XIX. Polo tanto, a filosofía do Caudal Fest é clara: unha aposta vocacional pola diversión, pola esencia da cultura da autenticidade, pola convivencia na natureza e polo respecto.

Noticias relacionadas