Miguel Fernández explicoulles o funcionamento do Concello ao grupo de 16 estudiantes do que é o único centro público que imparte Infantil e Primaria dentro de murallas.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu hoxe unha sesión especial no salón de Plenos do Concello de Lugo coa recepción a un grupo de alumnos e alumnas de 9 e 10 anos, do colexio Quiroga Ballesteros. Os 16 estudiantes coñeceron da man do rexedor municipal o funcionamento e obxectivos da Administración Local, ao tempo que aproveitaron para facerlle chegar ao alcalde algunhas peticións e suxestions, principalmente para o seu colexio.
Os alumnos e alumnas do que é o único centro público de Educación Infantil y Primaria que funciona dentro do recinto amurallado trasladaron ao alcalde o seu interese por diversas cuestións, a maioría relacionadas co seu propio centro de ensinanza, pero tamén sobre os parques infantís da cidade, mobiliario urbano e peonalización.




