O Alcalde presidirá a presentación do número 7 da revista Criterios

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, presidirá mañá, mércores, o acto de presentación oficial do número sete da revista Criterios Res Pública Fulget. Este documento está elaborado pola fundación Estudios Políticos y Sociales e conta co patrocinio da Fundación Caixa Galicia e da Deputación da Coruña.

No acto de presentación intervirán o Presidente da fundación, Antonio Campos Romay; o presidente da Fundación Caixa Galicia, Mauro Varela, e o Vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea e director da revista, Manuel Peralbo Uzquiano.

O salón de actos de Caixa Galicia foi o marco escollido para a presentación de mañá pola tarde, que dará comezo ás oito. A entrada é libre e gratuíta.

Esta revista está elabaroada a través dunha serie de artigos escritos por importantes personalidades e cunha ampla experiencia no campo do pensamento e a opinión política e social. O Estatuto é a peza fundamental que move esta suma de intervencións, entre as que figuran as dos Reitores as universidades da Coruña e Santiago ou a da Presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino.

Nomes como Celestino Poza, Francisco Fernández del Riego, Ismael Rego, Lourenzo Fernández Prieto, Santiago Gómez-Reino, Eduardo Rego ou Andrés Precedo Ledo, son algunhas das firmas que atoparemos en este número, que poderá recollerse na propia presentación.

Noticias relacionadas