O alcalde pon en valor a Uned en Lugo como un referente de formación para avanzar na aposta pola educación pública

Miguel Fernández recibiu no Concello a unha delegación dunhas trinta persoas, participantes na Xuntanza do Campus Noroeste das Universidades a Distancia.

Venres, 25 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde pon en valor a Uned en Lugo como un referente de formación para avanzar na aposta pola educación pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, puxo en valor “o papel da Universidade a Distancia en Lugo, como un referente da formación de calidade e esencial para avanzar na aposta pola educación pública, e con elo contribuír a unha sociedade máis igualitaria”. Así o sinalou no transcurso da recepción que ofreceu aos trinta participantes na Xuntanza do Campus Noroeste das Universidades a Distancia, ao tempo que destacou o importante traballo desenvolvido pola Uned en Lugo nos últimos 15 anos de traxectoria.

Ademais, o rexedor municipal falou do importante que é para a cidade contar cun centro asociado da Universidade a Distancia, á hora de xerar e reter o noso talento e contribuír así ao crecemento do noso municipio. Xunto ao alcalde estiveron a directora da Uned en Lugo, Ana Traseira; Jesús de Andrés, Vicerreitor de Centros da Uned; Víctor Manuel González, director do Campus do Noroeste e Esther López, vicerreitora de Innovación Docente.

Multimedia

  • O alcalde pon en valor a Uned en Lugo como un referente de formación para avanzar na aposta pola educación pública

Noticias relacionadas