O alcalde informou ao presidente da Xunta de que impulsará un convenio entre as adminsitracións implicadas para sufragar a remodelación das instalacións da protectora de animais en Muxa.
O rexedor solicitou un maior compromiso da Xunta coa rehabilitación do cuartel de San Fernando, co obxectivo de que poida converterse no futuro Museo da Romanización de Galicia, e un impulso tanxible na recuperación da Tinería.
Fernández acordou con Rueda trasladar unha proposta técnica e orzamentaria para pechar a colaboración do Executivo autonómico no desenvolvemento da avenida Vilaverde Cidade de Portugal como solución á mobilidade no barrio de Fontiñas.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá un encontro de traballo co presidente autonómico, Alfonso Rueda, no que o rexedor puxo sobre a mesa diversos proxectos estratéxicos para o municipio nos que ambas adminsitracións teñen compromisos adquiridos. “Tivemos a oportunidade de abordar temas de gran transcendencia para o futuro da cidade, algúns deles bloqueados desde hai anos, e outros novos, que só poden avanzar coa implicación de todas as administracións. En todos eles hai competencias compartidas, e o que lle pedimos á Xunta é que estea á altura e colabore no desenvolvemento da cidade”, sinalou Fernández tras a xuntanza, na que tamén estiveron presente o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e o delegado terriotiral da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Durante o encontro, que o alcalde calificou como produtivo, Miguel Fernández acadou o compromiso de Alfonso Rueda para instalar a praia fluvial na zona dos Robles. Acordo que será materializado nun protocolo entre ambas administracións. “Propuxen ao presidente da Xunta avanzar dunha vez por todas no proxecto para crear unha zona pública de baño entre Os Robles e a Fábrica da Luz, unha demanda histórica da veciñanza que leva anos atopando atrancos por parte da administración autonómica”, afirmou o rexedor.
Sobre a ubicación proposta, afirmou que xa foi plantexada polo Concello de Lugo fai anos, pero foi boicoteada. “Existe un consenso social, máis ata o de agora recibiu atrancos por parte do goberno autonómico. Por iso, agora é o momento de materializar esa solicitude unánime e que todas as administracións implicadas sumemos e ninguén reste”, engadiu.
Outro dos asuntos tratados foi a mobilidade. Existe o compromiso do Goberbo galego desde o Consello da Xunta celebrado en Lugo en 2022 de acometer dous aparcadoiros con fondos autonómicos. O primeiro, o executado na avenida Breogán, atópase aínda pechado por unha serie de deficiencias e o outro, foi proposto polo Goberno local para ser executado na contorna de Fontiñas.
Así, o alcaldeacordou con Rueda trasladar unha proposta técnica e orzamentaria para pechar a colaboración do Executivo autonómico no desenvolvemento da avenida Vilaverde Cidade de Portugal como solución á mobilidade no barrio de Fontiñas e asumir a recepción do aparcadoiro da avendia Breogán sempre e cando se atope en perfecto estado de execución e cumpra cos estándares comprometidos no seu día, como o sistema de videovixiancia.
Existiu tamén receptividade á proposta de facilitar o acceso do polígono industrial das Gándaras coa A-6 a través da rontonda da Campiña. “Trasladamos ao presidente a necesidade urxente de planificar e executar un novo vial que conecte este polígono coa autovía a través da Campiña. Trátase dunha demanda reiterada do tecido empresarial e deste Goberno que permitiría que o noso tecido empresarial gañe competividade. Parece que están dispostos a asumilo”, proseguíu.
Maior compromiso coa conservación e promoción do patrimonio histórico-artístico
Ademais, o rexedor solicitou un maior compromiso da Xunta coa rehabilitación do cuartel de San Fernando, co obxectivo de que poida converterse no futuro Museo da Romanización de Galicia, e un impulso tanxible na recuperación da Tinería e outros proxectos como a recuperación do pavillón da OJE. “Trasladamos ao presidente a necesidade de que a Xunta cumpra dunha vez o compromiso asumido en 2012 para rehabilitar o cuartel de San Fernando e avanzar na creación do Museo da Romanización de Galicia. Trátase dun edificio declarado Ben de Interese Cultural que leva máis de 25 anos sen uso”, apuntou.
“A implicación da Xunta, xa comprometida fai anos, é imprescindible para acometer a restauración da cuberta e da envolvente, paso indispensable para poder optar a fondos estatais como o 2% cultural e facer realidade o museo que Lugo leva anos reclamando, polo que cuantificaremos o investimento necesario para que a Xunta modifique o proxecto e aborde estes traballos”, apuntou o alcalde, quen considera un agravio que os lucenses leven máis dunha década esperando mentres o goberno de Rueda destina 19 millóns de euros a outros proxectos, en alusión directa ao Pazo de Lourizán.
Financiamento da remodelación da sede da Protectora
O alcalde informou ao presidente da Xunta de que impulsará un convenio entre as adminsitracións implicadas para sufragar a remodelación das instalacións da protectora de animais en Muxa. Proposta que se atopou coa receptividade do Executivo autonómico. “Trasladei ao presidente Rueda a necesidade de avanzar de forma cordinada na remodelación da Protectora de Animais de Lugo, unha actuación moi demandada pola sociedade lucense e sobre a que existe un amplo consenso. Tanto a Deputación como o Concello amosamos xa a nosa disposición a cofinanciar as obras, e convidei á Xunta a plasmar tamén o seu compromiso nun convenio que dea seguridade e estabilidade a esta actuación”, dixo.
Necesidade de que o canón da auga revista no municpio
“Reivindicamos ante o presidente a necesidade de que Lugo recupere os máis de 15 millóns de euros recadados pola Xunta a través do canon da auga, un imposto finalista que debía reinvestirse na mellora do ciclo da auga e que nunca chegou á cidade. Estes fondos son clave para poder seguir modernizando a rede e presentar novos proxectos nos próximos anos”, apuntou o alcade lucense.



